miércoles, 17 de diciembre de 2008



sd chantada 1-1 verín

xogamos un bo partido, pero faltounos puntería de cara a portería rival.

adiantámonos cun gol de Xende nun man a man co gardameta do verín, e a partir de ahí crecémonos e xogamos moito mellor cunhas contras moi elavoradas que non terminaron en gol por pouco.A 15 minutos do final un mal despexe da defensa cun tiro que peta nun xogador do verín chegou o gol visitante. Logo a pouco do final tibemos o gol na cabeza de Victor, pero non encontrou portería

outros resultados:

pabellon "C" 4-0 poligono

ourense "B" 5-4 barco

celanova 5-4 calasancio "B"

arenteiro 2-o ponte"B"

martes, 2 de diciembre de 2008

Barco 5-3 SDChantada
comezamos o encontro con bon pé xa que no minuto 3 de encontro nos poniamos por diante cun gol de Fornas tras unha falta moi ben sacada por Cristian. Logo de ese gol o Barco non se foi a baixo nin moito menos xa que metería tres goles moi seguidos, despois Brath poñería o 3-2 no marcador tras unha xogada pola banda dereita, ainda na primeira metade o barco metería o cuarto, e ao pouco de comezar a segunda metade o quinto, xa ao final do encontro un gol de traste puxo o definitivo 5-3 outros resultados:
O Verín-Ponte e o Polígono -Celanova foron aplazados pola neve.
Calasancio 4-0 Arenteiro
Ourense 0-5 Pabellón C

jueves, 27 de noviembre de 2008

entrevista a fornas

ENTREVISTA FORNAS

Antes de nada cóntanos a túa traxectoria no mundo do fútbol
Xoguei nos infantís no chantada e agora estou en cadetes.

Si che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
Unha forma de pasalo ben cos amigos e o meu deporte favorito.

¿Cómo estás vendo esta tempada na categoría?
Competitiva e todos con ganas de ganar.

Na túa segunda tempada no club, ¿cómo te sentes ?
Síntome ben e con ganas de ganar.

¿Estas contento coa túa posición no campo?
Si

¿en que posto dirías que poderíamos quedar esta tempada?
Entre os primeiros, se non e o primeiro jeje

MUY PERSONAL
Un color:
azul.
Unha comida: tortilla.
Unha bebida: kas.
Un número: 22.
Un equipo: o CHANTADA e o barça.
Un libro: pfff non sei.
Un xogador: André e Barragán
Un adestrador: cacha.
Un presidente: menos Calderón calquera
Un hobbie: os amigos.
Outro deporte: tenis.
¿Tes algunha manía cando sales a xogar? non
Un gol: o de Rivaldo de chilena
Un gol teu: contra o pabellón este ano, o único que non petou en nadie.
O partido del que mellor recordo tes: o do pabellón foi o noso mellor partido
O partido del que peor recordo tes: o calasancio este ano que nos atracaron e nos meteron gol no último minuto.
O mellor xogador co que xogaches é: Jordi Manuel Airiños e Andrés
O mellor compañeiro de equipo que tiveches é: todos
Unha anécdota que nunca esquecerás: un día que estábamos no río cunha barca e se subiu o tapitas e esplotou
Es xogador porque: me gusta o fútbol.
o mellor de ser xogador é: pasalo ben cos amigos
Y o peor: as lesións
Un recordo: o gorrión subido el solo nunha atracción nas festas
Un soño: ascender este ano
Una frase: o último que peche a porta

jueves, 20 de noviembre de 2008



ENTREVISTA CRISTIAN

Antes de nada cóntanos a túa traxectoria no mundo do fútbol
Xoguei toda a miña vida no chantada en alevíns nos infantís e este ano nos cadetes.
Si che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
O meu deporte favorito e unha forma de divertirse cos meus amigos.
¿Cómo estás vendo esta tempada na categoría?
Estamos xogando ben, (creo).
A punto de terminar a primeira volta , ¿cómo te sentes no club?
Ben e con moitas ganas de traballar.
¿Estas contento coa túa posición no campo?
Si, síntome ben no medio campo.
¿en que posto dirías que poderíamos quedar esta tempada?
Entre os cinco primeiros, porque estamos xogando ben.
MUY PERSONAL
Un color: vermello.
Unha comida: albóndigas.
Unha bebida: coca-cola.
Un número: ¨7¨.
Un equipo: o chantada e o barça.
Un libro: non leo deso.
Unha película: quero ser como Beckam .
Un xogador: Touré Yayá e Álex (xuvenil A).
Un adestrador: Guardiola e cacha.
Un presidente: Lendoiro.
Un hobbie: ver fútbol e andar por aí cos meus amigos.
Outro deporte: hóckey.
¿Tes algunha manía cando sales a xogar? Non .
Un gol: Messi contra o Getafe.
Un gol teu: un despexe desde o medio do campo nas Gándaras (o porteiro era da once).
O partido del que mellor recordo tes: cando pasamos a semifinais de copa o ano pasado.
O partido del que peor recordo tes: cando quedamos eliminados o ano pasado da copa contra a Milagrosa.
O mellor xogador co que xogaches é: 1ºtraste 2ºfornas 3ºfabio.
O mellor compañeiro de equipo que tiveches é: todos son moi vos compañeiros.
Unha anécdota que nunca esquecerás: cando o fornas caeu o río.
Es xogador porque: me gusta o fútbol.
o mellor de ser xogador é: ganar.
Y o peor: as lesións aínda que non tiven ningunha.
Un recordo: cando o gorrión se tirou no coche de batería por unha baixada.
Un soño: xogar a fase de ascenso.
Una frase: onde comen dous comen tres .

miércoles, 19 de noviembre de 2008

RESULTADOS:

Calasancio B 3-0 Verín
Barco 3-2 Ponte
Polígono 3-2 Arenteiro
OrenseB 2-4 Chantada
PavellónC 2-4 Celanova
Ourense B 2-4 Chantada: os cadetes logramos a terceira victoria consecutiva .
O partido comezou a favor de eles, xa que non empezamos ao cen por cen , pero nunha boa xogada á contra, fixemos o primeiro gol, obra de Xosé.Entón viñemonos arriba e pronto chegaría o segundo nun corner votado por Fabio o cal remata Traste.
Xa na segunda parte despois de un despite en defensa e un fallo do porteiro, o Ourense lograría o empate, pero soupemos reacionar, entón Traste repetiría e lograría poñernos por diante no marcador.Preto do final do encontro, unha boa recuperación e envío de Cristian daríanlle en vandexa o cuarto a Fabio que só contra o porteiro pecharía o partido.

sábado, 15 de noviembre de 2008

ourenseB-sdchantada
Este fin de semana xogaremos contra o ourenseB, equipo que vai a tres puntos nosa.
se gañamos este encontro poñerémonos cuartos. O partido será en oira as 12:00.
outros partidos:
calasancioB-verín
barco-ponteB
polígono-arenteiro
pabellónC-celanova

lunes, 10 de noviembre de 2008

sd chantada 1-0 celanova

logramos un merecido triunfo pola mínima frente ao celanova. Na primeira metade estubo moi igualado con ocasións para os dous equipos, pero na segunda metade nos tivemos moitas ocasións mentres que eles quitando algunha contra non. o gol non chegou ata o minuto oitenta nun saque de esquina botado por fabio ao segundo pao que rematou traste.

outros resultados

calasancioB 2-1 pabellónC
verín 7-2 barco
ponteB0-1 polígono
arenteiro 0-1 ourenseB

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Pabellón 2-3 Chantada:moi bo partido noso no que nos adiantamos cun gol de Fornas, de cabeza, ó saque dunha falta botada pror Fabio.Logo nun despiste defensivo noso igualouse o partido. Ó final da primeira parte logramos adiantarnos de novo, cun cabezazo de Traste tamén nunha acción a balón parado. Xa na segunda parte eles volven igualar o partido, pero cos cambios realizados por Adrian, revolucionase o encontro, e Xende aproveita unha moi boa contra para poñer o definitivo 2-3 , aínda que eles, ca chegada do final do partido animáronse e buscaron o gol, pero soupemos estar serios en defensa e aguantar o resultado.Barco 1-6 Calasancio B Polígono 0-1 Verín Ourense B 4-3 Ponte B Celanova 3-1 Arenteiro .

viernes, 31 de octubre de 2008

pabellonC-sd chantada

este fin de semana xogamos co lider o pabellónC que leva todos os puntos posibles e gañando comodamente, nos intentaremos lograr a primeira victoria fora da casa, o partido e as 11:30

miércoles, 29 de octubre de 2008

arenteiro 3-1 chantada
Tivemos un dificil partido pola falta do noso porteiro, tívose que poñer xose, non xogou un mal encontro. Adiantámonos cun golazo "olímpico"de tapitas logo metéronnos dous goles e cara ao final, cando mellor estábamos chegou o definitivo 3-1.

outros resultados:

barco 0-1 pabellónC
calasancioB 4-2 polígono

verín 4-2 ourenseB
ponteB 0-3 celanova

jueves, 23 de octubre de 2008

Arenteiro-Chantada:o Arenteiro está de capa caída ,xa que non logrou a victoria ata o de agora,pero cun partido menos xa que non disputou o seu partido contra o Ponte B.Nos,o Chantada,logramos a promeira victoria da liga,e chegamos a este encontro ca moral moi alta porque estamos traballando ben.

Barco-Pabellón C:o Barco parece un claro aspirante a loitar por a fase de ascenso e intentara dar un golpe de autoridade ,e o Pabellón C parece querer distanciarse no máis alto da táboa xa que gañou todos os partidos que van de liga.

Clasancio B-Polígono:o Calasancio B logrou adentrarse en postos de fase de ascenso e intentarán lograr a victoria para non saír de postos de "tranquilidade".O Polígono que perdeu dous partidos de tres intentará lograr a súa segunda victoria para non distanciarse dos postos altos da táboa.

Verín-Ourense B:o Verín que leva moi boa racha quererá frear ó Pabellón para poder loitar por o primeiro posto da táboa.E Ourense B intentará lograr a primeira victoria da liga ,para alexarse dos postos de descenso.

Ponte B-Celanova:o Ponte B intentará gañar o seu primer partido xa que leva cero puntos e está último na táboa .O Celanova parece claro favorito para levarse o encontro xa que está tendo moi bos resultados e parece asentarse nos postos de fase de ascenso.



SD Chantada 2 - 1 Ponte B

bon partido noso, o mellor ata o de agora. O ponte ourense non creou moito perigo, so dispuxo de un par de ocasións, puxéonos ganando por dous tantos a cero pero nos últimos momentos do encontro meteronos atrás con un gol moi discutido por falta ao porteiro.

outros resutados: polígono 1-2 barco

ourense B 2-3 calasancio B

celanova 3-3verín

pabellón C 3-1 arenteiro

martes, 14 de octubre de 2008

Etes son os encontros da vindeira xornada de liga:


sdchantada-Ponte B

Os cadetes intentaremos lograr a primeira victoria da tempada frente o colista da liga a falta do seu partido aprazado.

Polígono-Barco

O Polígono, que xa gañou un partido,terá grandes posibilidades contra un Barco que aínda non coñece a victoria.

Orense B-Calasancio B

Son dous equipos que aínda non coñecen a victoria,e intentarán lograla

Celanova-Verín

Enfrentamento entre dous equipos novos nesta liga.O Verín que quererá seguir ca súa boa racha e o Celanova intentará seguir nos potos de arriba da taboa.

Pabellón C-Arenteiro

Pabellón que é o lider, parece intratable mentres que o Arenteiro que non marcou ningún tanto no que vai de liga son razóns suficientes para decir que hai un claro favorito para levarse o encontro.

lunes, 13 de octubre de 2008


Verín 2 - 0 Chantada: bon partido noso en defensa, pero no que nos faltou chegar con perigo ó ataque. O Verín, non creou excesivo perigo, pero estivo moi atinado de cara a portería.
Outros resultados:
Polígono 1 - 4 Pabellón C
Barco 3 - 3 Ourense B
Calasancio B 2 - 2 Celanova
Ponte B - Arenteiro (Aplazado)
O Pabellón C e o Verín son os únicos equipos que gañaron os dous partidos, mentres que ningún equipo perdeu os dous, a falta do Ponte B - Arenteiro.





Ola. Somos Fornas e Xosé, xogadores dos cadetes da SD Chantada, e imos actualizar este blog cada semana. Para comezar falaremos da segunda xornada de liga, na que caemos por 2-0 ante o Verín.

miércoles, 13 de agosto de 2008

O Blog da 1ª provincial cadete


Aquí nace un novo blog adicado á 1ª provincial cadete de Ourense. Nel, un xogador do Chantada analizará tódalas semanas a xornada do fin de semana, os momentos dos distintos equipos, os favoritos... Ademais, poderedes ser membros activos deste blog participando nas distintas enquisas que propoñamos, deixando os vosos comentarios, enviándonos fotos de partidos para que poñamos aquí... etc. Todo sobre a 1ª provincial cadete.