viernes, 31 de octubre de 2008

pabellonC-sd chantada

este fin de semana xogamos co lider o pabellónC que leva todos os puntos posibles e gañando comodamente, nos intentaremos lograr a primeira victoria fora da casa, o partido e as 11:30

miércoles, 29 de octubre de 2008

arenteiro 3-1 chantada
Tivemos un dificil partido pola falta do noso porteiro, tívose que poñer xose, non xogou un mal encontro. Adiantámonos cun golazo "olímpico"de tapitas logo metéronnos dous goles e cara ao final, cando mellor estábamos chegou o definitivo 3-1.

outros resultados:

barco 0-1 pabellónC
calasancioB 4-2 polígono

verín 4-2 ourenseB
ponteB 0-3 celanova

jueves, 23 de octubre de 2008

Arenteiro-Chantada:o Arenteiro está de capa caída ,xa que non logrou a victoria ata o de agora,pero cun partido menos xa que non disputou o seu partido contra o Ponte B.Nos,o Chantada,logramos a promeira victoria da liga,e chegamos a este encontro ca moral moi alta porque estamos traballando ben.

Barco-Pabellón C:o Barco parece un claro aspirante a loitar por a fase de ascenso e intentara dar un golpe de autoridade ,e o Pabellón C parece querer distanciarse no máis alto da táboa xa que gañou todos os partidos que van de liga.

Clasancio B-Polígono:o Calasancio B logrou adentrarse en postos de fase de ascenso e intentarán lograr a victoria para non saír de postos de "tranquilidade".O Polígono que perdeu dous partidos de tres intentará lograr a súa segunda victoria para non distanciarse dos postos altos da táboa.

Verín-Ourense B:o Verín que leva moi boa racha quererá frear ó Pabellón para poder loitar por o primeiro posto da táboa.E Ourense B intentará lograr a primeira victoria da liga ,para alexarse dos postos de descenso.

Ponte B-Celanova:o Ponte B intentará gañar o seu primer partido xa que leva cero puntos e está último na táboa .O Celanova parece claro favorito para levarse o encontro xa que está tendo moi bos resultados e parece asentarse nos postos de fase de ascenso.



SD Chantada 2 - 1 Ponte B

bon partido noso, o mellor ata o de agora. O ponte ourense non creou moito perigo, so dispuxo de un par de ocasións, puxéonos ganando por dous tantos a cero pero nos últimos momentos do encontro meteronos atrás con un gol moi discutido por falta ao porteiro.

outros resutados: polígono 1-2 barco

ourense B 2-3 calasancio B

celanova 3-3verín

pabellón C 3-1 arenteiro

martes, 14 de octubre de 2008

Etes son os encontros da vindeira xornada de liga:


sdchantada-Ponte B

Os cadetes intentaremos lograr a primeira victoria da tempada frente o colista da liga a falta do seu partido aprazado.

Polígono-Barco

O Polígono, que xa gañou un partido,terá grandes posibilidades contra un Barco que aínda non coñece a victoria.

Orense B-Calasancio B

Son dous equipos que aínda non coñecen a victoria,e intentarán lograla

Celanova-Verín

Enfrentamento entre dous equipos novos nesta liga.O Verín que quererá seguir ca súa boa racha e o Celanova intentará seguir nos potos de arriba da taboa.

Pabellón C-Arenteiro

Pabellón que é o lider, parece intratable mentres que o Arenteiro que non marcou ningún tanto no que vai de liga son razóns suficientes para decir que hai un claro favorito para levarse o encontro.

lunes, 13 de octubre de 2008


Verín 2 - 0 Chantada: bon partido noso en defensa, pero no que nos faltou chegar con perigo ó ataque. O Verín, non creou excesivo perigo, pero estivo moi atinado de cara a portería.
Outros resultados:
Polígono 1 - 4 Pabellón C
Barco 3 - 3 Ourense B
Calasancio B 2 - 2 Celanova
Ponte B - Arenteiro (Aplazado)
O Pabellón C e o Verín son os únicos equipos que gañaron os dous partidos, mentres que ningún equipo perdeu os dous, a falta do Ponte B - Arenteiro.





Ola. Somos Fornas e Xosé, xogadores dos cadetes da SD Chantada, e imos actualizar este blog cada semana. Para comezar falaremos da segunda xornada de liga, na que caemos por 2-0 ante o Verín.